COMEZAMOS A NOSA VIAXE

Ola familias!

Este ano Nicoleo ten a súa casa en obras e, por iso, decidiu emprender unha viaxe polo mundo. No mes de outubro enviounos unha carta a todas as aulas explicándonos as súas intencións de viaxar e convidándonos a acompañalo. Ademais, pediunos que lle buscásemos un título a esa viaxe. 

En cada aula propuxéronse varios títulos e, entre todos os nenos e nenas desa aula, decidiron cal era o que lle ían enviar a Nicoleo. Unha vez que xa estaban todos os títulos enviados, e despois dunha axustada votación, o título da nosa viaxe é "DE PASEO CON NICOLEO".

Estade moi atentos a este blogue porque iremos subindo partes das nosas viaxes ao longo deste curso para que poidades acompañarnos nesta aventura.

Un saúdo!