Obradoiro Musical

Comeza un novo curso no CEIP Ponte de Xuvia e, que mellor xeito de comezar que cun estupendo obradoiro musical!!

Este obradoiro foi levado a cabo no centro polo Padroado de Cultura de Narón e se fixo en dúas sesións. Nunha primeira se lles falou aos nenos e nenas das actividades relacionadas coa música que se levan a cabo no Concello e dos distintos instrumentos que se poden aprender. Na segunda nos falaron de instrumentos típicos de Galicia e nos ensinaron un pouco de baile galego co que disfrutamos moitísimo.

Como sempre, premendo nas imaxes veredes: unha pequena presentación da actividade e dous vídeos, un de cada sesión. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós con ela.