Visita ao Gadis - proxecto de alimentación

A primeira saída do curso foi ao supermercado Gadis da estrada de Cedeira. Foi pensada como un complemento para o Proxecto de alimentación que se está a levar no colexio dende hai un tempo, e nos serviu para repasar os contidos sobre alimentación de Coñecemento do Medio.

Como tiñamos moito tempo, antes da visita saímos dar unha volta polos arredores do centro comercial e, nese paseo atopamos cousas moi interesantes como un home facendo a esfolla (que nos deu unhas mazarocas de millo de agasallo), unhas ovelliñas nun campeiro e un gatiño moi lindo que non tiña medo de nós. Ademais, á volta da excursión, saímos ao parque a dar un paseo e xogar un pouco.

Premendo na primeira imaxe poderedes ver unha presentación da visita ao Gadis e, premendo na 2ª, veredes un vídeo de todo o que aconteceu este día.