Mural de intercentros

Seguindo coa investigación da PDI deste curso destinada ás belas artes, decidimos facer o mural de intercentros cunha homenaxe aos grandes artistas que temos en Narón e comarca.

Para isto, os equipos buscaron información de xente relevante na zona e fixemos este precioso traballo co que tanto aprendimos.

Agardamos que vos guste.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo con imaxes do mural máis polo miúdo.