Magosto

E seguimos coas tradicións!! Esta vez tocaba celebrar o magosto e papar as ricas castañas que nos trouxo o castañeiro Ramón e que preparou con tanto agarimo para nós.

Como nos encanta estar todos xuntos, esta vez convidamos ás familias a pasar u  ratiño nas aulas e poder así comer xuntos e, de paso, cantar e bailar que nos encanta!!

Pasamos unha mañá estupenda!!!

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo deste día.