Videoconferencia con Costa Rica: educación viaria

E xa remata o curso e, con el, a derradeira actividade que faremos no cole. Nesta ocasión, o equipo de educación viaria do cole nos convidou a facer unha videoconferencia con nenos e nenas doutro cole de Costa Rica nas que nos contamos como vivimos os camiños escolares seguros nos nosos países.

Icía e Xosé foron os encargados de falar polo alumnado de 6º e Antía, Xavi e Iago os encargados de 5º.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo desta actividade