Feira de proxectos 2022-23

Xa está rematando o curso e toca amosarlle aos nosos compañeiros e compañeiras o marabilloso proxecto que nos tivo ocupados este curso.

Consistía na creación dunhas marabillosas curtas sobre primeiros auxilios nas que lles amosamos a todo o mundo que facer en caso de desmaio, corte grave, golpe de calor, alerxia ou como facer unha RCP. Para realizar estas curtas utilizamos a banda deseñada en forma de storyboards que nos axudaron a poder gravar as nosas curtas dun xeito máis profesional. Rubén Coca e Ramón D. Veiga nos axudaron moito nesta labor.

Para isto tivemos a sorte de contar coa tía de Xosé que nos ensinou como se traballa dende o servizo de emerxencias, e co SPEIS de Narón que, ademais de vir á escola a ensinarnos como actuar nestes casos, nos preparou un obradoiro sobre primeiros auxilios, extinción de incendio e como actuar ante a vespa velutina súper interesante.

Ademais, puidemos ver os interesantes proxectos do resto do cole e tivemos a visita das nosas familias para que puidesen ver as cousiñas chulas que fixemos este ano.

Premendo na primeria imaxe veredes un vídeo da feira e, premendo na segunda, unha ligazón á entrada na web na que podedes ver os resultados do noso proxecto.