Pim pam experimenta!!

Como a ciencia é unha das nosas paixóns, este ano convidáronnos a participar no concurso "Pim, pam, experimenta!!" da TVG e non tivemos dúbidas. Tiñamos que ir de cabeza!! Preparámonos un montón, fixemos unha morea de experimentos e aprendimos un montón sobre a presión, que era o tema que nos caeu no noso programa.

Alí coñecimos a un montón de nenos e nenas de Mondoñedo e aos que fan o programa, pero o máis importante, vimos a tele por dentro e aprendimos e divertímonos un montón!!

De agasallo por participar levamos unha entradas para o acuario do Grove, uns microscopios para montar e unha estrela co nome do cole!!!

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo do noso paso polo concurso.