Contacontos "O Nicolasiño"

Esta ano o alumnado de 5º e 6º de primaria limos o conto de "O Nicolasiño" na hora de ler. Foi un libro co que nos rimos moito e nos amosou como era a escola antes para poder comparala con como é agora, ademais de facernos pasar moi bos ratos.

Ademais, tivemos unha actividade de contacontos relacionada co libro coa que o pasamos xenial e disfrutamos un montón poñéndonos na pel dos protagonistas do libro.

Foi moi divertido! Premendo na imaxe podedes ver un vídeo dalgúns momentos desta actividade.