Entroido 2023 - Super elementos

Este Entroido volveu á normalidade e, por fin, puidemos facer o que estabamos afeitos a facer dende hai moitos anos.

Por un lado, creamos os nosos propios desfraces. Este ano decidimos ser Os súper elementos (aire, lume, auga, planta, terra e raio) e deseñamos os nosos escudos tanto de equipo como de cada elemento. Foi moi divertido facelos xuntos na clase.

Ademais, os mandados deste ano nos fixeron ir tres días seguidos ao cole en pixama, o cal nos encanta e ademias imos ben cómodos e quentiños. Tamén tivemos a oportunidade de ir disfrazados libremente da casa e cada un sacou a relucir as súas mellores galas.

E, para rematar, unha súper festa de Entroido na que fixemos o tradicional pasarrúas acompañados das nosas familias e puidemos lucir os nosos traxes, nas bonitos, que facían que fose unha festa de cores. Nesta festa fomos os encargados da música e fixemos un moi bo traballo porque pensamos que todo o mundo desfrutou cos nosos bailes e cancións.

Premendo na imaxe podedes ver un vídeo destes días.