Plan director: uso responsable das tecnoloxías

No mes de febreiro tivemos a visita de dous membros da policía nacional, dentro do marco do Plan Director, que viñeron á nosa clase para falarmos dun uso responsable das tecnoloxías e nos falaron de conceptos moi importantes como identidade e reputación dixital, como crear contrasinais seguros, as redes sociais e os delitos que se poden cometer usando as tecnoloxías.

Foi unha actividade na que aprendimos moito e que nos fixo reflexionar sobre como usamos as tecnoloxías e como podemos facelo dun xeito seguro.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade