Ampliación da axuda para adquirir material escolar.

Estimadas familias,

De acordo coa Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022, concédese unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25 euros adicionais baixo as seguintes condicións:
 

-Unicamente recibirán esta ampliación de 25 euros aquelas persoas anteriormente beneficiarias do vale de axuda por material de 50 euros.

-Os vales deberán ser empregados nos establecementos preferiblemente antes do 1 de decembro de 2022.

 

Recolleranse na Secretaría do centro a partir do mércores 19 de outubro en horario de 09:00 a 09:30 e de 13:30 a 14:00h.