ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Procédese á admisión definitiva de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso escolar 2022-2023.

As listaxes definitivas de solicitudes poden consultarse de xeito:

a) Presencial: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b)  Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de un mes a partir do seguinte á publicación.

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS SON ADMITIDAS XA QUE É SUPERIOR O NÚMERO DE VACANTES QUE DE PRAZAS SOLICITADAS.