O NOSO CAMIÑO

Pasiño a pasiño faise o caminiño. Esta é a filosofía coa que iniciamos o reto de "O NOSO CAMIÑO". Saímos a camiñar todos os días, cada grupo ao seu ritmo, buscando sumar entre todos/as e conseguir percorrer os case 100 kilómetros que separan Xuvia de Santiago de Compostela. Non facemos o Camiño, facemos O NOSO CAMIÑO. Pero, sumar kilómetros non é o único obxectivo, buscamos tamén aumentar o tempo de actividade física do alumnado durante a xornada escolar.

Como non queremos perder o norte, empregamos unha ferramenta que nos permite saber onde nos atopamos en función dos kilómetros percorridos.