MAGOSTO 2021

Despois das cabazas continuamos dando vida ao Outono celebrando desde o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia o Magosto.

Un ano máis fixemos en cada aula unha sorprendente manualidade con diferentes froitos de outono, dando forma a unha fantástica exposición da que todos puidemos gozar o mércores 10 de Novembro.

Non podíamos deixar tampouco de comer as ricas castañas que tanto nos gustan e culminamos a celebración participando nunha curiosa procura do tesouro co mestre de Educación Física.

Aquí vos deixamos un vídeo para compartir os curiosos resultados destes días de traballo e diversión.

MAGOSTO