DÍA DE ROSALIA

DIA DE ROSALÍA

O día 24 celebramos o Día de Rosalía no CEIP Ponte de Xuvia. Empezamos a mañá con música de Amancio Prada no fío musical do centro.

 

Os nenos e nenas de Infantil e Primaria viron a obra de teatro Sempre Rosalía, ofertada polo Concello de Narón. O grupo de 6º veuna en directo ás 9.30, o resto dos grupos víronna en streaming ao longo da mañá. Dous actores representando a Rosalía e ao seu biógrafo deixaron entrever que moitas das crenzas que temos sobre a figura da poetisa son falsas.

Tamén participamos nun xogo de escapismo chamado “Descubrindo a Rosalía”

Desfrutamos e aprendimos moito.

 Aquí vos deixamos fotos dos nenos participando nas actividades que conmemoraron o Día da nosa querida poetisa Rosalía.