25 DE NOVEMBRO

 O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller. Para iso traballamos nas aulas o libro "O chuvasqueiro de Aurora" de María Márquez. Este conto pretende afondar na importancia de que poidamos loitar contra os medos, facéndoos "escorregar polo noso chuvasqueiro de cores particular" razón pola que vos pedimos que ese día trouxérades o voso propio chuvasqueiro.

Ademais, bailamos vestidos con eses chuvasqueiros de cores a canción "Non son fada" de Sés.

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!

Moitas grazas por axudarnos sempre a poder levar a cabo as nosas propostas.