MAGOSTO 2020

No centro CEIP Ponte de Xuvia non queremos deixar pasar a ocasión de seguir celebrando as actividades que faciamos outros anos e aínda que non podemos realizar tarefas en conxunto, si que podemos facer en cada aula os nosos traballos e despois expoñelos para que toda o alumnado e profesorado comparta as súas creacións.

Este magosto celebrouse facendo desde cada aula unha manualidade con castañas ou outros froitos de outono, e o certo foi que os titores e titoras tiraron de imaxinación para crear propostas distintas e os nenos e nenas desfrutaron dunhas actividades orixinais.

xoves día 20 fixemos unha exposición na entrada do centro con todos os traballiños e o venres levaron as súas aportacións para casa.

Aquí vos deixamos unha presentación dos traballos e da exposición.

 

Feliz magosto para todos e todas!!!

 

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d344868675k7015668o2l1/magosto_puri