DÉCIMA SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE

Esta última carta vai ser de despedida de curso. Revisei tódolos deberes que me chegaron, aínda que non os comentei, están todos vistos. En todos os alumnos e alumnas notei mellora, isto era un dos cometidos que se nos encomedaron ao principio do trimestre: Lograr a recuperación do que non se sabía e lograr unha mellora xeralizada nos contidos. Prueba superada. O próximo curso eu serei a profesora do grupo outra vez e, aínda que coñezo a situación de cada un, podo dicir que , en xeral, todos e todas saben exactamente o que teñen que saber e que normalmente sabe unha nena ou un neno ao rematar o curso de segundo e poder enfrentarse a terceiro sen problemas engadidos pola situación de cuarentena.

Lin as opinións dos vosos fillos e fillas, estou dacordo con todas. O tema das videochamadas é xenial, pero para min tremendamente complicado porque esta cuarentena fun nai a tempo completo, falo tanto a nivel de coidar bebé como de facer deberes co outro neno da familia. Non sempre se pode conciliar á medida do que se desexa, pero as opiniones contan e se volvemos a vernos nesta situación de interrución de clases contade con videochamadas.

Moitas grazas polo voso interese e polas facilidades que me destes, moito ánimo que xa queda pouco para voltar ao de sempre e bo verán para todos e todas esas mozas e mozos que tanto traballaron e tanto os quero.

Esta semana saberemos algo sobre a entrega de notas. Mandarei recado ao grupo. Un bico. Elisa