Estudando o universo...

Boas rapaces e rapazas.

Levamos uns días sen subir cousiñas pero non pensedes que deixamos de traballar. Ao contrario, estamos traballando máis que nunca e seguimos elaborando moitas propostas para ensinarvos, así que imos coa seguinte.

Esta vez o traballo chega da man de Antón Viúdez e leva por título

“COMO SE CREÓ EL UNIVERSO”

A que en algunha ocasión vos fixéstedes esta pregunta? Seguro que si.

Nesta presentación realizada en power point Antón comeza explicando que é a física, as preguntas que se realizan os físic@s (e non físico@s) e como contribúe a física na evolución dos aparellos que nos acompañan no día a día.

E como non, para coñecer a orixe do universo, Antón explica a Teoría do Big Bang.

Para rematar o traballo Antón engadíu un enlace de youtube. Deixámosvos o enlace para que accedades a él despois de ver o traballo.

https://www.youtube.com/watch?v=CMSYv_Z4SI8

Moi bo traballo Antón!!