OITAVA SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE

Xa empezamos o mes de xuño! Supoño que todos teredes unha vida moito menos confinada, disfrutando un pouco do sol, da rúa e, mesmo, da praia. Non vos quero cargar de obrigas porque, a verdade, levades un bo traballo feito ao longo destas sete semanas. A partir de agora e ata o final do curso, que xa vai ser cedo, non teredes dúas asignaturas que completar, só unha cada día.

 

Ao rematar remitide o traballo ao meu correo elisadopicobores@edu.xunta.es. Grazas!

 

LUNS 1:

LINGUA:Estas semanas pasadas seguro que fuches a ver á familia, ós amigos... Cóntame cal foi o mellor día e que pasou nel: Onde fuches, con quen estiveches, que foi o mellor do día, cando volverás... Lembra escribir en galego para poder practicar moito e empregar frases longas que teñan información.  Tamén podes incluir preguntas e exclamacións, diálogos, enumeracións...

 

MARTES 2:

MATEMÁTICAS: Inventa un problema que se reolva cunha multiplicación e logo cunha resta.

Inventa unha resta de tres cifras menos dúas cifras e faille a proba.

Investiga que é a propiedade conmutativa da suma e logo fai dúas sumas para demostrar a propiedade.

 

MÉRCORES 3:

CIENCIAS: Traballos na natureza, nas fábricas e de servizos.

Que traballos fan posible que haxa comida fresca no supermercado? Escribe tres traballos na librete

Cales son os traballos que permiten a transformación de produtos do campo en produtos elaborados? Escribe tres deses traballos na libreta

Cales son os traballos que se desempeñan nunha tenda para darnos o servizo de venta dos produtos naturais ou elaborados? Escribe tres na libreta

 

XOVES 4:

MATEMÁTICAS: Continúa con dez exemplos máis: 20=10+10 ,20=32-12,...

Segue a serie ata o 0: 100, 95,90...

Segue a serie ata o 40: 0,2,4,...

 

VENRES 5:

LINGUA:  Le o texto: Teño dous veciños, Denís e Daniel, que pasan a tarde falando no valado. Denís traballa de albanel e Daniel é panadeiro. Un traballa de día e o outro de noite. Así que só teñen tempo para falar pola tarde, cando Denís chega e Daniel sae para traballar.

Agora copia na libreta e responde ás preguntas:

1.- Como se chaman os meus veciños?2.- Como pasan a tarde?3.- Que traballos teñen Denís e Daniel?4.- Cando traballa Denís, o albanel?5.- Cando traballa Daniel, o panadeiro?6.- Inventa como se coñeceron Denís e Daniel