PROPOSTAS PARA A DÉCIMA SEMANA SEN CLASES

Bos días familias:

Nesta nova semana afastados das aulas, envíovos unhas propostas para axudarvos a  dedicarlle dentro das particularidades de cada casa, un tempo diario ás actividades escolares, lembrando coma sempre que é moi importante respectar o ritmo de traballo de cada un.

 

Así que estas son as miñas propostas para a décima semana sen clases:

· Pensando en dar por rematado o noso proxecto do “Fondo do mar” e valéndonos da elaboración da revista escolar, achégovos algunhas propostas (que por suposto son unicamente unha suxerencia xa que a creación é totalmente libre) coa idea de que cada neno e nena elabore algún animal mariño valéndose de material reciclado, para logo compartilo comigo ao longo da presente semana a través dunha imaxe e poder así presentarllo ao resto de compañeir@s do centro.

·No caso das linguas, nesta ocasión e vendo como vai evolucionando o grupo con respecto á lectura, envíovos un documento con certas propostas de libros que podedes seguir pero sempre atendendo aos diferentes gustos e aos ritmos de lectura individuais de cada nen@. Ademais, continuando coa preparación da revista escolar, que nesta ocasión constituirá un número especial... “Edición coronavirus” e que por primeira vez será exclusivamente dixital, tócame pedirvos a vosa colaboración para elaborar unha parte da revista que para @s nen@s é ben coñecido, o apartado de toxos e rosas. Un apartado da revista no que o alumnado expresa o que lles gustou do cole neste curso (rosas) e o que non lles gustou (toxos).

Por exemplo:

Rosas: Para os que crearon o kiosco de materiais para o recreo.

Toxos: Para os que xogan a pelexas.

 

De tal maneira, que agardo durante esta semana por foto ou escanedo unha imaxe onde aparezan escritas as suxerencias de cada un (con unha é suficiente, pero tódalas ideas son ben recibidas) para poder organizar no cole logo as propostas e evitar repeticións. Pero ademais, esta mesma mañá recibiredes nun correo outra petición dun breve traballo escrito que servirá para dar forma á nosa aportación como curso na revista escolar, pero que por ser diferente para cada nen@ (trátase de frases que logo formarán parte dun todo), achégovola individualmente.

· Coas matemáticas, nesta semana ademais de seguir a repasar cada día as sumas e restas levando con palillos, as horas en punto e media, e cuarto e menos cuarto,  daremos un pasiño máis ao comezar a xogar coas moedas e billetes e para iso propóñovos o seguinte vídeo: https://youtu.be/pEf5PJxCCAk e se queredes podedes valervos das fichas que vos achego como apoio para xogar na casa co material que teñades (moedas e billetes dalgún xogo, impresas,…) tendo en conta tamén que resultará moi interesante se os nenos e nenas comezan a ver tíckets de compra e identificar neles os euros e os céntimos.

·Mentres, en Ciencias Sociais propóñovos continuar coa vosa investigación sobre os obxectos que evolucionaron ao longo dos anos cambiando o seu aspecto. Presentándovos a idea de que nesta ocasión pensedes en 5 elementos que existen hoxe en día para facilitarnos as nosas tarefas diarias e que antigamente non existían. Para isto como na anterior ocasión podedes buscar imaxes, valervos das experiencias dos adultos da casa, facer un vídeo para explicarme o que descubristes…tedes total liberade para levar a cabo a vosa indagación pero é importante ser consciente dos cambios de todo o que nos rodea. Ademais propóñovos ver o seguinte vídeo para afondar un pouco nesta parte da liña do tempo e o cambio dos obxectos: https://www.youtube.com/watch?v=LD7M3AEEoRw&t=89s

·Ademais, en Ciencias da Natureza e chegados a este punto do curso tocaríanos dar por rematado o temario coñecendo un pouco a electricidade e os circuítos eléctricos, así que propóñovos o visionado do seguinte vídeo https://www.youtube.com/watch?v=jBVZASYLI7Q&pbjreload=10 e a experimentación con algunha das propostas que vos achego no documento adxunto: creación dunha pila un tanto diferente ou bailarina xiratoria.

Non esquezades que calquera cousa que nós poidamos facer ou axudar, nos atoparedes ao outro lado do mail.

Espero que continuedes todos ben e que esteades a desfrutar dos paseos e o tempo coa familia e amigos.

 

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo.

AdxuntoTamaño
Manualidades fondo do mar.pdf358.8 KB
Propostas de lectura.pdf320.92 KB
Monedas y billetes.pdf446.29 KB
Ideas para acercarnos a la electricidad.pdf74.58 KB