SEXTA SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE

Unha semana máis de traballo. Cando remate a semana enviade as fotos dos traballos ao meu correo elisadopicobores@edu.xunta.gal. Grazas!

 

Antes de nada, mirade o traballo que se pide no VENRES. O que fagades será para a revista escolar. A revista vaise facer igual, aínda que desde as casas. Que nos toca a 2º? Receitas de Corentena!

Podedes facer o que queirades, mandade a vosa receita nun correo aparte do resto dos deberes (pode ser escrita a man ou empregando o ordenador, pero sempre moi clariña) e , se queredes amosade o resultado cunha foto da comida e o seu autor/ autora. Pasade un bo rato pensando, escribindo e , se cadra, preparando a receita e logo coméndoa, ñam, ñam...

 

LUNS 18:

LINGUA: Ca, co, cu, que, qui escribe dúas palabras con cada sílaba.

Bra,bro,bru,bre, bri escribe dúas palabras con cada sílaba.

Agora trata de introducir en un conto todas esas palabras. Se é moi difícil para ti poden ser frases independentes separadas con puntos.

CIENCIAS: AULA VIRTUAL TEMA 10 Slideshare con información e actividades. Ver as diapositivas con números 12, 13, 14, 15.  Non hai que escribir nada, só mirar con atención ás diapositivas coa información correspondente. Isto é repaso do segundo trimestre.

 

MARTES 19:

MATEMÁTICAS: Resta y haz la prueba: 21-9  32-6  43-5  76-3  76-44  87-54  987-654

CIENCIAS: AULA VIRTUAL TEMA 10 Slideshare con información e actividades. Ver de novo as diapositivas con números 12, 13 ,14, 15.  Na libreta  copia ao ditado estas preguntas  e responde:

1.- Que son os minerais? 2.- Para que se empregan os minerais? 3.- Cales poden ser as propiedades dos minerais? 4.- Cales son os usos dos minerais?

 

MÉRCORES 20

LINGUA:

O raposo tiña un problema: non podía durmir. Por que? Pois porque tiña unhas veciñas moi algareiras, unhas galiñas, que non paraban de cacarexar en toda a noite, discutindo entre elas. Un día o raposo fartouse, colleu o pixama e a almofada e decidiu poñer terra por medio e marchar a vivir no medio do bosque

Copia as pregunta e responde na libreta con frases tan longas como sexa posible.1.- Que problema tiña o raposo? 2.-Quen eran as súas veciñas? 3.- Como eran as galiñas? 4.- Que facía toda a noite as galiñas? 5.- Que significa poñer terra de por medio?

CIENCIAS:Repaso de primeiro trimestre.  O noso corpo: Esta semana repasamos o que sabemos sobre o corpo humano e unha función vital chamada función de nutrición. AULA VIRTUAL TEMA 1 VIDEO A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN. Mira o video e despois fai un pouco de reflexión sobre a túa actividade diaria: Que importancia ten o que comes cada día? A cal dos aparellos ataca o coronavirus? Como podes previr a infección? Que relación ten a cara co sistema respiratorio? Non tes que escribir nada, só pensar.

 

XOVES 21

MATEMÁTICAS: A propiedade asociativa da suma di que cando temos que sumar tres números podemos agrupalos como queiramos para sumar. Demostra esta  propiedade xuntando de varias maneiras os seguintes  números: 1+2+3  4+5+6  7+8+9 Pon as operacións e os resultados na libreta.

CIENCIAS:    AULA VIRTUAL TEMA 1 VIDEO A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN Mira o video outra vez para poder responder a estas cuestións na libreta:

1.- Que obtemos coa respiración?

2.- Que obtemos coa dixestión?

3.-Que expulsamos na excreción?

4.-En que consiste a circulación?

 

VENRES 22

LINGUA: Escribe a receita dun plato que che gustou comer durante a cuarentena. Recorda poñer os ingredientes e como se fai coas cantidades necesarias e os tempos de cociñado. Este traballo será para a revista escolar deste ano.

CIENCIAS: Responde na libreta estas preguntas segundo o que ti pensas:

1.- Podes comer sempre o que queres ou é importante fixarnos nos nutrientes dos alimentos?

2.- É mellor vivir nun ambiente de fume de fábricas e tráfico ou é máis desexable  para o organismo vivir nun ambiente de osíxeno puro?

3-Cando fas exercicio e sudas moito, tes que repoñer líquidos. Calquera líquido serve?