TES DÚBIDAS SOBRE O COVID-19? AQUÍ AS RESOLVERÁS

Ola compañeiros/as.

Coa situación que estamos a vivir dende o 12 de marzo, coa cantidade de información que se transmite nos medios de comunicación e de “boca en boca”, coa de cousas que seguen sen quedarnos claras… é moi fácil que teñamos dúbidas e que non saibamos actuar de maneira correcta.

Por estes motivos Yago elaborou un powerpoint no que nos explica todo o que precisamos saber do COVID-19: onde se orixinou, os síntomas que provoca, o que non podemos facer, as fases que completan esta cuarentena.

Recordounos tamén que en Galicia estamos na fase 1 e que non podemos viaxar entre provincias excepto por causas moi xustificadas (laborais, coidado de familiares…).

Animádevos a velo que de seguro vos axudará a comprender esta situación.

Mo ibo traballo Yago!

 

(Deixamos o traballo en formato de vídeo e de diapositivas de PP).