COÑECENDO "A GUERRA DO GOLFO"

Ola amig@s!

Continuamos a recibir as propostas d@s alumn@s de 4º de Primaria e nesta ocasión contamos coa exposición de Juan C. Ponce Martínez.

O seu traballo consiste nunha exposición en powerpoint sobre “A Guerra do Golfo”. Juan explícanos perfectamente que sucedeu nesta guerra: as nacións que participaron nela, as causas polas que se levou a cabo e as consecuencias que tivo. Se tedes algunha dúbida ou queredes ampliar máis o tema... contactade con él que ten moita información!

Tod@s coincidimos ao pensar que as guerras non son boas, que destrozan vidas, familias… pero a veces precisamos recordalas para non volver a cometer os mesmos erros do pasado. Sabemos que en moitos países as segue habendo así que dende aquí unímonos tod@s para gritar ben alto:

 NON ÁS GUERRAS

  

(Deixamos o traballo en vídeo e en diapositivas de PP)