PROPOSTAS PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días familias,

 

Esta semana queremos festexar con todos vós o Día das Letras Galegas, unha data moi importante para a nosa comunidade e máis este ano que o homenaxeado é ferrolán. Así, no documento que vos achego tedes uns enlaces e actividades para coñecer un pouco máis a Ricardo Carvalho Calero o homenaxeado este ano.

 

Hai un apartado que son materiais imprimibles e do que por suposto non tedes que fotocopiar todo, soamente o que vos interese, pero tamén podedes copialos nunha folla ou libreta, facelos sinalando na pantalla, xogar con eles en voz alta... Ademais, podedes completar a información botando unha ollada ás actividades propostas para outros cursos (infantil, segundo...) nos apartados correspondentes da web.

 

 

Agardo que gocedes coa vosa familia, amigos... da nova fase na que entramos esta semana pero non baixedes a garda e coidádevos moito. Ánimo e espero que o pasedes moi ben co traballo proposto nesta ocasión.

 

 

Saúdos e grazas.

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2020 PARA 1º DE PRIMARIA.pdf158.92 KB