MAIOS 2020

O equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro quere sumarse a iniciativa do Padroado do concello de Narón"EN NARÓN OS MAIOS AO BALCÓN".No seguinte vídeo e nota tedes toda a información necesaria para participar.Así que animádevos!!!.

Gustaríanos recibir unha foto do voso maio (data límite de entrega 5 de maio) e despois facer unha presentación con todas as fotos recibidas para colgalas na web do cole.

UN SAÚDO

O equipo de Dinamización da Lingua Galega

PADROADO DO CONCELLO DE NARÓN MAIOS 2020 

Boas:

Dende o Padroado da Cultura do Concello de Narón, poñémonos en contacto con vós para informarvos da iniciativa que estamos a levar a cabo entorno á celebración da festa dos Maios. Neste vídeo tedes unha pequena explicación, tamén achegamos un arquivo adxunto o cartaz e outro para colorear por se o queren descargar os máis pequenos. 

Agardamos que estedes todos ben e moito ánimo que isto logo remata.

 Saúdos.

 

https://youtu.be/m0QDq_8q3RY

 

Aquí van unhas pequenas instrucións:

 

1.- Grava un pequeno vídeo (2 min. max.) amosándonos o teu maio na xanela ou no balcón.

2.- Envíanolo por correo a d.canovas@naron.es, cos teus datos (Nome completo,correo e tlf. de contacto)

3.- Faremos con todas as grabación un vídeo para amosar os traballos da veciñanza en redes sociais municipais.

4.- o día 9 realízase o sorteo en directo entre todas as persoas particpantes.

5.- Datos das persoas participantes serán tratados segundo a lei de protección de datos vixente.

6.- As persoas que voluntariamente acepten participar acepta a reproducción dos seus vídeos na redes sociais municipais.

Saúdos.

AdxuntoTamaño
MAIO-Naron_2020_WEB (1).jpg529.55 KB
MAIO-2COLOREA (1).pdf807.48 KB