I AVENTURA DO SABER

 Os días 5 e 6 de Xuño celebramos no cole a I AVENTURA DO SABER. As probas consistiron en respostar preguntas de Matemáticas, Coñecemento do Medio e Lingua. Tamén había que realizar probas físicas e finalmente falar un pouco en inglés. Foi agotador! Menos mal que ao final houbo copas de ouro para os gañadores e gañadoras e froita para repoñer forzas!