TAREFAS DE INGLÉS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Que tal nenos e nenas de 1º EP!!!!

Espero que sigades moi ben. Unha semana máis aquí vos envío un pouquiño de traballo de inglés. Como vos dixen a semana pasada imos a empezar co tema da casa, e imos a ver uns vídeos moi divertidos.

 

Este primeiro vídeo é para debuxar unha casa. Presta atención ao vídeo e a ver que casa chula te sale. Despois de ver o vídeo debuxa a casa.  E se queres mándame o teu resultado ao meu correo: fachalpuri@gmail.com

Aquí vos deixo o primeiro enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=mTSUSkSgvE4

 

Agora imos a aprender as distintas estancias que hai dentro da casa. Aquí tedes unha canción chula.

https://www.youtube.com/watch?v=IjnlkdZvYTE

 

Esta outra é máis sencilla. E tamén practicamos as estancias da casa. A ver cal vos gusta máis.

https://www.youtube.com/watch?v=qZyJPZxsmZk

 

Neste outro vídeo un rapaz enséñanos a súa casa. E imos a aprender  algún obxecto da casa. Seguro que algún che soa como sofa, television, bed.

https://www.youtube.com/watch?v=R9intHqlzhc

 

Xa por último como esta semana o centro celebra o Día do Libro mándovos un enlace a un conto relacioanado co tema que estamos a traballar agora. A que non te imaxinabas que había tantos tipos de casa distintos?? Disfrutádeo.

Titúlase: House types. Tipos de casa.

 https://www.youtube.com/watch?v=TbfaacV1s6k