QUINTA SEMANA SEN CLASES

Bos días familias:

Unha vez máis espero que todos esteades o mellor posible e coma cada comezo de semana, envíovos novas propostas para axudarvos neste tempo tan diferente para todos e que mantén aos máis pequenos lonxe da escola.

Lembrade, que calquera cousa que nós poidamos facer ou axudar, nos atoparedes ao outro lado do mail e que o mesmo material que vos envío ao correo tamén quedará á vosa disposición na web do centro, premendo no 1º curso de Primaria.

 

Así que estas son as miñas propostas para esta nova semana:

  • No caso das linguas nesta semana a idea é traballar a lectura e a escritura a través das descricións coas que xa xogamos na clase durante as asambleas e así, continuar a facelas dunha maneira moi sinxela ou ler algún exemplo e obter delas a información necesaria, sempre coa idea de combinar a lingua galega e castelá. Así que presento unha actividade diferente planificada para cada un dos cinco días. Por exemplo: o luns, ler unha divertida descrición e facer o debuxo seguindo as instrucións; o martes, facer o debuxo da nosa cara mirándonos nun espello e escribir como é; o mércores, ler de novo unha sinxela descrición e contestar unhas preguntas; o xoves e o venres, mirar un debuxo e escribir oracións do que vemos nel. Deste xeito podedes valervos da ficha que adxunto ou traballar nunha folla ou libreta que teñades na casa (de cuadrícula, pauta ou con liñas para apoiarse), atendendo sempre a práctica da letra minúscula e á presentación dos escritos.
  • Coas matemáticas, unha semana máis tocaranos xogar cos 5 problemas diarios do “Cocoloco” e practicar 1 suma e 1 resta de tres cifras cada día. Ademais, fágovos unha proposta de pequeno exercicio de repaso para cada día: luns, par e impar; martes, comezamos a xogar co reloxo e para iso vemos o Vídeo 1: https://www.youtube.com/watch?v=x0azH56EjKQ e facemos os exercicios coas horas puntas; mércores, corpos xeométricos; xoves; vemos o Vídeo 2: https://www.youtube.com/watch?v=-YgYZnnTQZ4 e facemos os exercicios de horas puntas e finalmente o venres, traballamos cos ordinais.Todo isto podedes facelo simplemente nunha folla ou libreta ou coa ficha que vos adxunto.
  • Nesta semana propóñovos ademais 3 experimentos con cousas da casa por se queredes facer algún e comprender xogando como a temperatura inflúe nos materiais e nos cambios de estado. Algo que acostumabamos facer nos grupos interactivos e que aos vosos nenos e nenas encántalles.
  • E finalmente, tocaranos investigar un pouco sobre as máquinas e ferramentas que temos na casa. Podendo facer o exercicio tal cal adxunto neste correo ou xogar a buscar con axuda dos maiores un ferro de pasar (plancha) e unhas tesoiras, pensando de que material está feito cada cousa e como funcionan (ferramenta manual ou eléctrica). Ademais, investigaredes pola casa ata atopar dous obxectos máis que funcionen con electricidade e dous manualmente, tendo que debuxalos e escribir o seu nome nunha folla ou libreta. Tamén deberedes falar de se estes obxectos teñen poucas ou moitas pezas. E antes de rematar, propóñovos o reto de  pensar nun obxecto da casa que nos proporcione luz, outro frío e outro, movemento.

Lembrade coma sempre que non se trata de facer por facer, xa que cada un ten o seu propio ritmo, que todo isto son ideas e trátase de que sirvan de axuda para que dentro das circunstancias de cada casa, adiquémoslle un tempo ás actividades escolares.

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo.

AdxuntoTamaño
Matemáticas semana del 20.pdf522.28 KB
COCOLOCO 3.pdf296.01 KB
3 Experimentos para hacer con cosas que hay en tu nevera.pdf143.45 KB
Lengua e Lingua semana do 20 de Abril.pdf683.74 KB
Máquinas e ferramentas.pdf258.91 KB