NOVAS TAREFAS DE INGLÉS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimados nais e pais da rapazada de 1º EP:

 Ate agora mandei propostas para 1º e 2º de EP porque coicidiu que estabamos nos dous cursos traballando o tema dos animais  pero a partir de agora vou mandar distintas suxerencias para cada curso.

En Primeiro nesta terceira avaliación imos traballar os seguintes temas: My House, Food and Feelings  ( A miña Casa, Comida e Sentimentos.) Todo esto non é novo para eles xa que vimos algún vocabulario destos temas en Infantil. Pero antes de empezar de cheo con ditos temas me gustaría dedicar esta primeira semana ao tema da Pascua que é moi celebrada tanto no noso país como nos países de fala inglesa. A quen non lle gusta disfrutar dun ovo de chocolate ou  facer unha busca de ovos ou mesmo decorar unha tarxeta de Pascua?

 

Estos son os enlaces que quero que vexades durante esta semana:

 Presentation:

Presentación de vocabulario básico sobre Pascua

https://www.youtube.com/watch?v=8MWFfwZmAjo

 

Songs :

The Hokey Pokey Esta canción a diron en infantil e lles vai soar, aquí revisamos ears, tail, nose (orellas, cola e nariz) Nós a bailabamos en corro vos podedes facelo en parella.

https://www.youtube.com/watch?v=8bXJG7MdeUw

 

Here comes Peter Cottontail. Aquí chega Peter repartindo ovos de chocolate. Non fai falta entender a canción senon só disfrutala. Esta canción e unha canción popular de Pascua escrita en 1949. Polos mesmos compositores que fixeron  “Frosty the snowman” que é outro clasico.

https://www.youtube.com/watch?v=q7UXYvRRZFc

 

Stories:

Inside an Easter Egg. Esta historia enténdese moi ben. E vainos a valer para facer unha proposta que vai máis adiante.

https://www.youtube.com/watch?v=P09FiCLhd1Q

 

Steve and Maggie Happy Easter. Esta historia é un pouquiño máis longa e é un poema. Vemos tamén roupa e transportes.

https://www.youtube.com/watch?v=wF-1TojnzUg

 

Games:

How many Easter Bunnies? Hai que contar cantos coelliños hai antes de que acabe o tempo. Tratade de contar en inglés cando eles vos digan a cifra. Animádeos que seguro que poden.

https://www.youtube.com/watch?v=YOSCE0XTwEI

 

Actividade:

Aquí van dúas propostas podedes debuxar nun folio un ovo de Pascua e decoralo coas formas que aprendimos na historia Inside and Easter Egg,ou tamén podedes imprimir ou copiar a seguinte actividade que mando como adxunto:

How many Easter eggs can you find? Cantos ovos de Pascua podes atopar?

 

AdxuntoTamaño
Easter-Egg-Hunt-Coloring-Pages-Free.jpg72.55 KB