NOVAS TAREFAS DE INGLÉS PARA 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimad@s nais e pais dos nenos e nenas de 2º EP:

 Seguimos na casa e desde a área de inglés vou a presentarvos a idea que teño para facer nesta terceira avaliación, mentres non voltemos ao cole. Imos a ver tres temas: Food, Clothes and the Weather. (comida, roupa e o tempo meteorolóxico). A idea é ambiciosa pero penso que podemos. Todos estos temas os tratamos un poquiño en Infantil e Primeiro e agora toca consolidar e aprender tamén algunha cousa nova.

A idea é mandar todas as semanas un pouquiño de traballo para que sigades aprendendo inglés, ate agora mandei as mesmas propostas para 1º e 2º porque estabamos a ver nos dous cursos ós animais pero a partir de agora xa vou mandar separado porque imos a ver cousas diferentes e se de todas maneiras queredes ver o que están a facer os pequenos/as sempre podedes ir ao seu apartado e reforzar coñecementos. Esto depende do tempo que dispoñades do ordenador de casa. E sempre sen agobiarse, son todo propostas e se está da vosa man facelo pois mellor que mellor senon xa procuraremos ver todo esto máis adiante.

De todas maneiras antes de empezar con estos temas que señalei arriba imos traballar esta semana o tema de Pascua que tanto nos paises de fala inglesa como no noso país celébrase moito. A todos os nenos e nenas lles gusta este tema e en inglés da moito xogo para traballar aspectos culturais dos países de fala inglesa escoitando cancións e contos populares.

 Esta semana me gustaría que visitáredes os seguintes enlaces:

Para presentar o vocabulario básico de Pascua imos a ver este vídeo. A ver se xa vos soaban algunhas de estas palabras?

https://www.youtube.com/watch?v=dSlu870DTwQ

 Seguidamente gustaríame que viran esta historia de Steve and Maggie. Descubrín a estes personaxes durante estas vacacións e penso que os imos ver máis veces porque utilizan unha linguaxe moi sinxela, estructuras básicas que repite durante o conto e ademáis as historias son moi amenas.

Steve goes on an Easter egg Hunt (Steve fai unha busca de ovos de Pascua)

https://www.youtube.com/watch?v=wF-1TojnzUg

 Tamén me gustaría que viran a seguinte historia que nos da ideas para decorar un ovo de Pascua . A historia titúlase Inside an Easter Egg. E o conto di Inside an Easter egg is dark  Dentro de un ovo de Pascua está oscuro podédeslle preguntar ao neno ou nena  que crees que hai dentro do ovo de Pascua e ao final de conto sairá. A ver se acertaron. Tamén hai dúas actividades pequenas dentro do vídeo unha contar ovos de pascua e outra buscar o ovo que coincide co que che ensinan.

https://www.youtube.com/watch?v=P09FiCLhd1Q

Xa por ultimo me gustaría que escoitaran esta canción que é unha canción popular cantada en Pascua. Foi composta en 1949 e no 1971 Disney fixo unha película co personaxe desta canción.

Chámase Peter Cottontail  e foi o primeiro coelliño de Pascua. Seguro que vos vades a quedar coa melodía.

Póñovos dúas versións a orixinal de Walt Disney e a máis moderna.

https://www.youtube.com/watch?v=PlX7FId8fns

https://www.youtube.com/watch?v=q7UXYvRRZFc

A ver cal lles gusta máis. A disfrutalas!!

Actividade:

A maiores podedes facer unha tarxeta de Pascua co que vimos en todos estes vídeos e tamén mando outra idea para imprimir se podedes. E xa paro. Vémonos para a semana!!! Coidádevos uns aos outros. Se queredes contactar conmigo fachalpuri@gmail.com

AdxuntoTamaño
Easter-wordsearch-for-kids-egg (1).jpg85.83 KB