UNHA ASAMBLEA DIFERENTE

O pasado luns lanceivos a proposta de volver a estar todos xuntos facendo algo tan habitual na nosa clase coma é a asamblea,  aínda que esta vez dun xeito un pouco diferente pero recibindo coa mesma ilusión todas as vosas respostas. Moitas grazas por participar e formar parte dunha presentación tan emotiva e chea de aventuras.

Resulta moi difícil estar tan lonxe pero ao mesmo tempo, foi estupendo saber como están os nenos e nenas e sentirme mais preto do grupo tan especial que conforman.

Mil grazas a todos e seguro que co esforzo que estamos a facer, moi pronto volveremos a abrazarnos e a estar xuntos.