TERCEIRA SEMANA SEN COLE

Ola familias! Unha semana máis póñome en contacto con vós para contarvos novidades: A avaliación do segundo trimestre sairá publicada o venres en Abalar. Para poder acceder ás notas dos vosos fillos e fillas atoparedes un enlace a Abalar na páxina web do colexio.  De atopar algún problema, por favor, escribide ao correo do centro e trataremos de solucionalo:

 
A profesora de Educación Física puxo novos vídeos na páxina web. 
O departamento de Orientación ten un blog para dar resposta a todas as familias cuxos fillos asistan coa especialista de AL, Carmen.