TAREFAS DE INGLÉS PARA INFANTIL SEGUNDA SEMANA

 

Estimad@s nais e pais dos estudantes de Infantil do CEIP Ponte de Xuvia, escríbovos de novo para facer algunhas recomendacións máis para estos días que estamos na casa.

Como sabedes inglés dáse unha hora á semana e ata agora vimos os seguintes temas: números

cores, a familia, partes da cara, xoguetes, roupa e estabamos a comenzar o tema 6 que trataba sobre a cidade (school, hospital, shop) e profesións (teacher, doctor, fire fighter e police officer).

Na páxina do noso centro, a dereita, hai un apartado denominado Departamentos e nel aparece Linguas Estranxeiras e tedes que premer en Infantil.Vou a empezar a colgar vídeos con cancións, pequenas historias e xogos para que podades repasar estos temas cos nen@s. En esta etapa hai que tratar de escoitar a lingua estranxeira en situacións reais de ahí o valor dos contos que introducen estruturas da lingua nun contexto; as cancións tamén son de gran axuda porque a música permite fixar o vocabulario e frases sinxelas e finalmente os xogos porque introducen a diversión e ás veces tamén a competición (sana) na aprendizaxe e xa sabemos que en esta etapa (en eu penso que en calquera) xogar é fundamental. O xogo tamén introduce un ambiente de relaxación que é moi propicio para aprender.

En todas estas tarefas falta un aspecto fundamental o feedback que se consegue na clase coa interacción entre os compañeiros e as mestras. De ahí que estas recomendacións non suplan o traballo na clase.

Tamén vos recomendo escoitar o CD do libro que mandei para casa ao principio de curso, ahí tedes cancións que escoitamos na clase e que están moi ben.

Para calquera dúbida aquí vos deixo o meu correo electrónico: fachalpuri@gmail.com e tamén podedes mandarme calquera mensaxe a través das titoras coas que estou en contacto.

Un abrazo moi grande e espero que pronto podamos seguir con normalidade as clases. O máis importante é a saúde. Coidarvos moito.

 NOS ARQUIVOS ADXUNTOS TEDES OS ENLACES DE INGLÉS.

 

 

AdxuntoTamaño
enlaces infantil e primeiro ciclo.pdf47.37 KB