NOVAS TAREFAS DE INGLÉS PARA O 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimad@s nais e pais dos nen@s de primeiro e segundo de primaria :

Gustaríame mandar unha serie de recomendacións para seguir a traballar a lingua inglesa nestos días nos que a tod@s nos toca quedar na casa.

Como sabedes a materia de inglés ocupa duás sesións de 50 minutos cada semana e como vos comentaba na carta anterior neste ciclo o que prima é estar en contacto oral coa lingua  xa que  nestas idades están aprendendo e afianzando a lectura e a escritura en outras dúas linguas o castelán e o galego, é por iso que a lingua escrita en inglés se lles presenta tan sólo por medio de títulos de contos, encabezamentos de tarefas ou tarxetas con vocabulario e imaxe correspondente pero non lles pedimos que lean ou escriban en inglés xa que eso empezámolo a traballar a partir de Terceiro de Primaria. Trabállase a comprensión e non tanto a produción. A produción deles e delas limítase a vocabulario illado onde a mestra comproba que hai comprensión.

 

Na carta que mandei a semana pasada por medio das vosas titoras as miñas recomendacións eran visitas a cancións de Youtube, visita a web British Council Kids e ao libro Archie´s World da editorial Oxford. Podedes seguir traballando con iso e ademáis a partir de agora podedes acceder

a partir do luns día 23 de marzo ás cancións, historias e xogos especifícos sobre o  vocabulario e as estruturas traballadas ata agora tanto para primeiro como para segundo.

Para acceder ao que vaia colgando tedes que ir á web do noso centro CEIP Ponte de Xuvia e a dereita hai unha categoria denominada Linguas Estranxeiras, desde alí tedes que acceder ao Primeiro Ciclo e podedes ir vendo os materiais ao voso gusto. Vou poñer moitas cousas así que non se trata de ver todo nunha semana senón de ir vendo os vídeos que máis lles atraian aos vosos nen@s. Tamén me gustaría que aproveitárades o material da etapa de Infantil porque pódelles gustar tamén aos vosos fill@s.

En primeiro estivemos vendo vocabulario relacionado con as cores, os números ata o 10,materias da escola, a familia, ocupacións, partes do corpo e agora estabamos coas mascotas.

En segundo vimos vocabulario relacionado coas cores,números ata o 20, xoguetes, a familia, habitacións da casa, o corpo humano, accións e agora estabamos cos animais de granxa e partes do corpo dos animais.

Vou propoñer actividades de 3 tipos: historias, cancións e xogos. Ditas actividades, especialmente as historias, presenta a lingua nun contexto e non de maneira illada o que facilita unha aprendizaxe signaficativa.

Para calquera dúbida ou suxerencia aquí tedes o meu correo electrónico.

fachalpuri@gmail.com

Confío en que esta situación remate pronto e que nos podamos ver axiña.

Seguimos en contacto.

Unha aperta,

Puri Fachal

 

AdxuntoTamaño
Enlaces para o 1º ciclo.pdf41.57 KB