SEGUNDA SEMANA SEN COLE

Ola familias! Espero que estedes todos ben e levando estes días de estar na casa da mellor maneira posible. Vou darvos unhas indicacións para levar a cabo algo de traballo diario cos vosos fillos e fillas. No caso de que empreguedes a Aula Virtual do cole, que ten acceso libre, tratade de seguir este esquema de traballo:

Facer cada día da semana unha actividade de lingua, outra de matemáticas e outra de ciencias.
Alternar lingua castelá con lingua galega.
Hai actividades de lectura, escritura de frases, vocabulario, alfabeto, ortografía, gramática. Procurade facer cada día unha diferente.
No caso de matemáticas facer cada día un tipo de actividade diferente: sumas, restas, multiplicacións, problemas, medidas, numeración. 
O apartado de Ciencias pon á vosa disposición xogos e actividades de moitos tipos e relacionados con moitos aspectos do currículum de Ciencias Sociais e Naturais. Todo isto espero vos sexa útil para poder manter ao día todo o que hai que aprender e repasar no cole, pero sen estar no cole. 
Teño moitas ganas de veros e volver á normalidade das clases. Bótovos moito de menos, meus mozos e mozas. Xa queda menos...vémonos pronto! Elisa