TAREFAS DE INGLÉS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Querid@s nais e pais dos nen@s do CEIP Ponte de Xuvia:

Mándovos unhas recomendacións de inglés para facer cos vosos pequen@s , todas elas necesitan acceso a internet. Entón que saibades que non van a ser avaliables e están ahí para desfrutar e aprender.

A editorial Oxford facilitoume acceso gratuito a todos seus libros e despois de miralos recomendo:

 

 

Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria o libro Archie´s World. Ven en 3 niveis: Starter, Nivel A e nivel B. Poden ir mirando cada un deles, que consta de 3 leccións con temas básicos como : cores, partes do corpo, a familia, xoguetes, animais, etc. O libro ten historias, cancións e xogos que poden facer. Na etapa de Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria o máis importante é estar en contacto oral coa lingua estranxeira, é dicir, escoitala. De ahí que non haxa xogos de escribir palabras pero sí de discernilas e relacionar o son coa imaxe correspondente. Aquí tedes a dirección para acceder o libro https://elt.oup.com/student/oupeprimary/?cc=global&selLanguge=en

Tamén recomendo escoitar en Youtube: Super Simple Songs: walking, walking. One Little Finger, Do you like broccoli ice cream? This is the way we go to bed?.....

British Council Kids tamén ofrece historias, cancións e xogos en abundancia.

 

 

Puri Fachal Corbeira