PAZ 2020

DÍA DA PAZ

Este ano 2020 fixemos moitas cousas para conmemorar o Día da Paz. No Claustro de profesores decidimos dedicar este día á importancia de manter limpo o mar e a nosa contorna. Dímoslle a coñecer aos nenos a figura de Boyan Slat, un rapaz que diseñou unha maquina para limpar o fondo do mar de plásticos. Nós quixemos facer a nosa pequena contribución e ir a limpar as orillas do río Xuvia, lamentablemente o tempo non acompañou e a actividade quedou adiada ata primavera pero dende aquí comprometémosnos a facelo máis adiante.

Na hora de lectura limos o libro: O Principio que trata das guerras inxustas que hai no mundo pero como pouco a pouco a xente sobreponse e é capaz de ir xerando beleza dentro caos e sair adiante coa axuda de todos.

Por outra banda a rapazada de 3º e 4º de Educación Primaria asistiron ao Pazo da Cultura a ver a obra Nana para un Soldado da compañía Ghazafelhos que tamén trata sobre a guerra.

O día 30 de Xaneiro fixemos entre todos dous murais un no edificio de Primaria e outro no de Infantil. Os nenos e nenas colocaron os seus debuxos de animais mariños nun océano libre de plásticos e debaixo desta auga estaban os contenedores dos distintos residuos e alí pegamos debuxos de obxectos que se poden reciclar colocándoos no contenedor correspondente.

Finalmente despois da lectura saímos ao patio a cantar xuntos a canción de Uxía Lambona e a Banda Molona titulada“De Festa” que preparou o mestre de música.

Aquí vos mostramos fotos desta semana tan intensa dedicada a promover a concienzación por un mundo mellor.Premede na foto.