FESTIVAL NADAL 2019
Enviado por carmenvazquez o Dom, 19/01/2020 - 18:50
O venres 20 de decembro celebrouse no noso centro o festival de nadal e as titores e titoras xunto co mestre de música prepararon distintas actuacións que foron todo un éxito.
Os encargados de presentar o evento foron os alumnos de 6º Nadjara e Javi e non se lles notou nada nerviosos.
Imos facer un breve resumo das actucións. Comezaron os nenos de 3 e 4 anos coa canción “ Chegou o Nadal”. Despois Pedro e Sonia diron os premios de Educación Vial por traer tuneados os patinetes e as bicis, houbo máis de 30 agasallos, estamos moi contentos coa participación no proxecto Erasmus “On Your Bike”.
Os nenos e nenas de 5 anos cantaron a canción “ Rudolph o Reno”.
O grupo de Primeiro prepararon unha obra chamada “ Xa chegou o Nadal no Fondo do Mar”
Seguidamente recibimos ó rei Artabán que é o rei solidario que se perdeu no camiño a Belén e repartiu os regalos con xente necesitada. A Anpa chamouno para dar a cada clase un xoguete para compartir en cada aula.
A clase de 2º EP cantou a cnción “Merry Christmas Peludos”.
3º EP cantou e bailou dúas cancións en inglés tituladas “Rocking Around the Christmas Tree” e “Shake Up the Happiness”.
Seguidamente entregamos os premios polas postais de nadal. Todos os premios eran libros en galego.
4º Ep cantou a canción “ Hecho con tus sueños”
4ºEP e 5ºEP cantaron e bailaron xuntos “Cantamos aos reis”
5º EP escenagrofiaron unha festa navideña na auga.
Finalmente 6ºEP representou unha obra orixinal denominada “ É Nadal en Xuvia”.
Despois das actuacións a Anpa repartiu unha merenda saudable composta por pan, froita e auga xa que estamos no proxecto “Cardioescolas”.
Moitas grazas a todos os que fixeches posible un festival tan ameno e saudable.
Bo 2020 a toda a comunidade educativa do CEIP Ponte de Xuvia.Premendo na imaxe podedes ver a presentación.