25 DE NOVEMBRO DÍA DA NON VIOLENCIA

O luns día 25 de novembro quixemos conmemorar tan importante data no calendario programando diversas actividades durante toda a semana. Como sabedes o día 25 é o día da Igualdade de Xénero e en Contra da Violencia Machista. Na hora lectura estivemos a ler libros que tratan da Igualdade tanto en castelán como en galego. Os nenos de 5º e 6º foron os padriños e madriñas lectores dos nenos e nenas de Infantil. Por outra banda os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria foron a ler a 1º e 2º.

O luns 25 saímos todos a entrada do Centro onde estaba pintada unha porta violeta e cada un de nós colgou a súa chave e cantamos a canción de Rozalén “La puerta violeta”. Gustarianos que pronto esta data deixara de recordarse o que significaría unha verdadeira igualdade entre homes e mulleres.

Aquí tedes algunha foto dese día.