10 DIAS DE MEDO

Este ano o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización Linguística preparou un mini proxecto denominado Dez Días de Medo. Nos recreos e no tempo de lectura os rapaces e rapazas desfrutaron de contos de medo para todas as idades. Algúns dos cursos tamén tiveron curtas e cancións de medo. No recreo mestras voluntarias leron os primeiros días contos e nos últimos días foron os propios rapaces e rapazas os que contaban contos da biblioteca ou das súas casas. O certo é que a actividade tivo moito éxito e cada día houbo máis xente na biblioteca preparada para pasar medo.

Igualmente se lles pedíu a rapazada que elaboraran contos, poemas, feitizos.... que tiveran que ver co tema do medo.

Aquí vos deixamos algunha foto deste “macabro” evento. Ha,ha,ha,ha!