MOVE MÁIS O BODY

Cada curso escolar que comeza tratamos de marcarnos novos retos e obxectivos, este ano queremos que o deporte e a actividade física estén máis presentes. Así como fomentar hábitos alimentarios saudables para a vida diaria e futura.

A Educación Física ten moito que dicir. O Decreto 105/2014, de 4 de setembro, concreta no artigo 20, a responsabilidade dos centros docentesde promover a práctica diaria de deporte e exercicio físicos por parte dos nenos/as durante a xornada escolar a través de medidas específícas incluidas no Proxecto Educativo.

Segundo estimacións da OMS xa en 2014, 41 millóns de nenos e nenas menores de 5 anos tiñan sobrepeso ou eran obesos, sen falar, dos problemas que isto acarreará nun futuro. Debería de haber unha Competencia Motriz XA¡¡¡

Cumprimos casi todos os obxectivos plantexados (XOGADE, RECREOS ACTIVOS, MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA, MÓVETE MÁIS E CARDIOESCOLAS E “AS PEGADAS”)

O noso obxectivo principal é que o alumnado faga máis deporte, tanto en horario escolar como extraescolar.

Entre toda a Comunidade Educativa podemos conseguir moitas cousas, e no que nos compete a nos na escola, MÁIS MOVEMENTO DO ALUMNADO, PARA FACER UN CENTRO DINÁMICO E ACTIVO.