Actividades finais - Tipo 3

Xa rematando o curso e, despois de facer todas estas actividades, consideramos moi importante sacalas fóra da aula e amosarllas a todo o mundo: mestres /as, ás outras clases e tamén ás familias.

Para isto fixemos unha feira de ciencias na escola na que as aulas que traballamos proxectos Piteas ensinamos a todo o mundo o traballo realizado.

Comezamos probando cun mestre; neste caso, tocoulle a Juan, o mestre de PROA, que se divertiu moito facéndoo e nos deu algunhas suxestións de mellora.

PROBA DO BREAK OUT CON JUAN

Tras o éxito do xogo con Juan, decidimos chamar ao alumnado de 5º de Primaria para ver como lles saía e, démonos conta de que un grupo tan grande non funcionaba, así que de cara a outros cursos, tiñamos que dividilos en equipos.

PROBA DO BREAK OUT CON 5º DE PRIMARIA

Aos pequenos de Infantil tivemos que axudarlles moito e, de feito, aos de 3 anos rematamos por poñerlles as curtas porque o xogo era ben complicado para eles. Pero os de 4 e 5 anos o fixeron xenial!!

Cos de primaria fixemos unha especie de concurso para ver quen o facía máis rápido, aínda que estaba claro que os e as maiores iban ten vantaxe. Isto deunos a idea de facer un concurso tamén na Feira de Ciencia para motivar aos asistentes.

Para rematar fixemos o Break Out ás familias. Foi un pouco complicado porque viñeron moitos deles pero pensamos que o pasaron xenial e que virán á feira a probar de novo os que non puideron participar.

EXPOSICIÓN DO BREAK OUT ÁS FAMILIAS

E agora estamos a preparar con moita ilusión a Feria de Ciencia. Para isto tivemos que preparar un discurso xa que imos subir a un escenario a contarlles a unha morea de xente do que vai o noso proxecto.

De seguro será unha marabillosa experiencia e, por suposto, non imos deixar de contarvos o que alí aconteceu.

Pensamos que este proxecto non se nos vai esquecer nunca e imos ter de verdade unha ESCOLA MÁIS SEGURA despois disto que é do que se trataba.