NA PROCURA DUNHA ESCOLA SEGURA

Benvidos ao apartado de actividades relacionadas co proxecto titulado "NA PROCURA DUNHA ESCOLA SEGURA" levado a cabo polo alumnado de 3º de Primaria.

Este proxecto comezou debido a que, dende a escola, consideramos a seguridade e coidado do noso alumnado un dos aspectos fundamentais a ter en conta no día a día da escola. Por isto entendemos que é moi importante tanto que se sintan coidados polo profesorado como polas familias pero, tamén, que sexan quen de coidarse por si mesmos e os uns aos outros.

Deste xeito, se pretende en todo momento e con todas estas actividades que sexan responsables do seu coidado, que se sintan seguros cando hai un accidente na escola ou fóra da mesma e, sobre todo, que saiban reaccionar en caso de que suceda algo.

De aquí en adiante poderedes ver todas as actividades que fixemos e agardamos que con elas disfrutedes e aprendades a vivir nun entorno máis seguro.

Premendo na imaxe podedes ver a entrada na Aula Virtual con todos os contidos do proxecto para ver e descargar.