ENTROIDO 2019

Un ano máis celebramos o Entroido no Ponte de Xuvia. Este ano estivo dedicado a historia e ás civilizacións. Empezamos a semana cos mandados e o certo é que todos os nenos e nenas animáronse a cumplir os dictados do Meco.

De luns a xoves a rapazada veu con pixama, de deportistas, de cociñeiros e de choqueiros. O venres o bo tempo permitiu que despois de sacar as fotos, os pais e nais nos acompañaran polo Paseo  de Xuvia ata a  Praza do Concello onde cantamos a nosa versión de "Pousa, Pousa", denominada Historia, Historia.

Á volta a AMPA tíñanos preparada unha merenda saudable. Encantounos, había pan fresco de panadería, froita e bebibles baixos en zucre.

Despois soupemos que Daniela Picos de 2º EP foi a que gañou a cesta con productos típicos galegos polas súas rosquillas. 

Finalmente queimouse o Meco que este ano viña disfrazado de Obelix. Que rápido pasa o tempo cando estamos a pasalo ben.  Bo Entroido para todos!