CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO C.E.I.P. PONTE DE XUVIA

O venres 16 de novembro celebramos no noso cole o Magosto.  De lonxe chegou o castañeiro coa súa locomotora para asar as castañas. ¡¡¡Que ricas estaban!!!!

Pero antes de papar estivemos divertíndonos cuns xogos populares elaborados pola nosa mestra de Educación Física. Primeiro xogaron os máis pequenos, infantil e 1º de primaria; o mais interesante foi que mesturamos as clases e fixemos 6 grupos e  os nenos e nenas de 6º de primaria eran os que nos explicaban as reglas de cada xogo.

Despois tocoulles o turno aos nenos e nenas de 2º a 5º de primaria que, tamén mesturados,  xogaron ás seis actividades propostas. Fora estaba o paracaidas, o circuito en motos, bicis e patinetes e o xogo da cuchara;  dentro do ximnasio xogamos á ra, rato que te pilla o gato e estatuas musicais. Pasou o tempo rapidísimo.

Despois de merendar o que trouxemos de casa, os pais e nais colaboradores repartíronnos castañas que aínda que eran pequenas estaban deliciosas.

Aquí vos deixo unha presentación de mostra para que vexades que ben o pasamos. Grazas aos membros do ANPA que viñeron a axudar, aos titores que nos axudaron a facer o cucurucho e o cestiño de brick, aos nenos/as de 6º que nos explicaron os xogos, a mestra de educación física, ao profe de música que nos conseguíu a música para bailar e a os nenos e nenas que trouxeron bicis e patinentes para facer o circuito.

Que ben funcionan as cousas cando se implica todo o mundo GRAZAS DE CORAZÓN.

¡¡¡¡¡¡ VIVA O  MAGOSTO!!!!