VIAXAMOS A CARDIFF

     ERASMUS +   ON YOUR BIKE 

 

Dende o día 4 ata o 12 de novembro, dous mestres do noso colexio viaxaron a Cardiff ( Gales) para coñecer a tódolos socios do proxecto europeo “On your Bike”. Este proxecto vai durar 3 anos e ten participantes de 6 paises: Gales, Finlandia, Noruega, Turquía, Portugal e España.    Os participantes de España son: o CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CEIP Ponte de Xubia, o CFR de Ferrol e O Concello de Narón. O proxecto pretende fomentar o uso da bici para acudir a escola e animar tamén aos adultos a que acudan aos seus traballos e aos seus recados coa bici para promover unhas cidades máis ecolóxicas con menos fumes.   Esta semana estivemos traballando nunha enquisa común para tódolos socios. A enquisa será pasada ao principio e ao final do proxecto para valorar o impacto do programa nas nosas comunidades educativas. Estamos moi contentos de poder participar por primeira vez nun proxecto europero no que estamos a coñecer de primeira man como se traballa nas escolas dos distintos membros. Algunhas das escolas que participan son de secundaria así que veremos o funcionamiento tamén destes centros. A próxima primavera recibiremos na nosa escola profesores e alumnos dos distintos colexios participantes. O CFR de Ferrol e o coordinador deste proxecto en España e a medida que teñamos reunións irémosvos informando da evolución do programa. E recorda se podes colle a bici..... 

On your bike Narón coa alcaldesa de Cardiff.

On your bike cos socios internacionais.