SAMAÍN 2018

O martes 30 de outubro estivemos decorando cabazas. O alumnado de 5º de Primaria veu axudar aos nenos e nenas de Infantil. Fixemos varias cabazas por clase e,  despois,  varias nais pertencentes ao ANPA decoraron unha das aulas de Infantil, colocaron as cabazas para facer unha exposición e, así,  poder ver todos os traballos dos nosos compañeiros e compañeiras. Aqui tedes algunhas das fotos dese día.