CONTOS DE MEDO

Este ano o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca pediulles aos nenos e nenas de Infantil que diseñaran mostros que deran moito medo, o resultado impresionounos, temos uns artistas que non se asustan facilmente.

Por outra banda os rapaces de primeiro a cuarto crearon receitas maléficas para crear monstros, pantasmas e zombies terroríficos.  Algúns deles preferiron facer pócemas para cumprir os seus máis malvados desexos.

Por último os alumnos de quinto e sexto se lles pedíu que fixeran ou ben un  conto de moito medo ou ben que contaran unha situación que lles sucedera a eles real o imaxinada,  a sorpresa foi que algún deles contou anécdotas reais que nos fixeron temblar...  

Aquí mostramos algún dos traballos realizados polos noso alumnado. Estos nenos e nenas SON DE MEDO.